O tratamento das siglas en situacións comunicativas heteroxéneas dende unha perspectiva tradutolóxica

  1. Marie-Évelyne Le Poder
Zeitschrift:
Cadernos de fraseoloxía galega

ISSN: 1698-7861

Datum der Publikation: 2020

Nummer: 22

Seiten: 141-158

Art: Artikel

DOI: 10.52740/CFG/22.22.06.00014 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openOpen Access editor

Andere Publikationen in: Cadernos de fraseoloxía galega

Zusammenfassung

Os obxectivos do presente traballo de investigación consisten en achegarse ao concepto de comunicación especializada como fase previa ao estudo das siglas, delimitar a noción de sigla e a súa tipoloxía a partir dunha teoría comunicativa da terminoloxía, estudar as peculiaridades lingüísticas das siglas nun texto —pertencente ao eido das relacións laborais— sobre o impacto da transformación dixital no financiamento da Seguridade Social, e propoñer estratexias translativas en francés en situacións comunicativas heteroxéneas. A metodoloxía céntrase no informe en lingua española “El análisis del impacto de la transformación digital en el sistema de financiación de la Seguridad Social”, cuxa situación comunicativa é de emisor especialista a receptor especialista, e que serve de punto de partida para o desenvolvemento das fases metodolóxicas: descrición da encomenda de tradución, descrición das siglas do texto orixe, descrición das estratexias translativas propostas. Os resultados poñen de manifesto as estratexias que permiten satisfacer as expectativas do receptor do texto meta nas distintas situacións comunicativas contempladas: de especialista a especialista, de especialista a semiespecialista e de especialista a público xeral. Cada perfil de receptor fai uso da faceta comunicativa da terminoloxía, pero cada un require un tratamento específico das siglas.