Hernán Núñez (1555) e Gonzalo Correas (1627)os primeiros refraneiros galegos
ISSN: 1698-7861
Argitalpen urtea: 2004
Zenbakia: 6
Orrialdeak: 27-30
Mota: Artikulua
Beste argitalpen batzuk: Cadernos de fraseoloxía galega
Laburpena
En 1555 publicouse en Salamanca Refranes o Proverbios en Romance, obra póstuma de Hernán Núñez de Toledo y Guzmán (1475-1553), voluminoso traballo no que se documentan 8.557 formas sentenciosas, das cales 134 son galegas. Un século máis tarde, concretamente en 1627, o paremiólogo Gonzalo de Correas (1571–1631) editou o seu Vocabulario de refranes y frases proverbiales y otras fórmulas comunes de la lengua castellana na que se atopan unhas 18.000 paremias: só 54 son galegas. A pesares dos múltiples erros gramaticais que se atopan nas paremias galegas, consecuencia do descoñecemento que ámbolos dous autores tiñan da nosa lingua, o seu traballo foi de vital importancia na preservación dunha parte do noso acervo cultural e mesmo constituíu a base sobre a que se sustentarían os refraneiros posteriores