A fraseodidácticaun eido da fraseoloxía aplicada
ISSN: 1698-7861
Ano de publicación: 2004
Número: 6
Páxinas: 113-130
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cadernos de fraseoloxía galega
Resumo
De tódalas ramas da fraseoloxía, a fraseodidáctica representa o eido máis salientable, debido ó feito de que tan só mediante a correa de transmisión do ensino se poden manter vivas as unidades fraseolóxicas entre os usuarios dunha lingua. Pero na práctica resulta ser un campo descoidado polos docentes de linguas maternas, non sendo así no caso das linguas estranxeiras. Estas foron pioneiras en recoñece-la importancia da idiomaticidade que transmiten as frases feitas, cheas de implícitos culturais e emocionais. Coma mostra da súa posible aprendizaxe, proponse neste artigo unha unidade didáctica en torno ás expresións fixas compostas coa palabra chover, tomadas no senso literal e figurado, coa finalidade de presentar unhas pautas para a súa adquisición e uso activo.