Achegamento á fraseoloxía do "dicir" en francés
- Ferro Ruibal, Xesús (dir.)
ISSN: 1698-7861
Ano de publicación: 2013
Número: 15
Páxinas: 267-288
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cadernos de fraseoloxía galega
Resumo
Neste traballo preséntase a primeira fase dun proxecto máis amplo consistente nunha análise pormenorizada da fraseoloxía francesa do “dicir”, que desemboque na elaboración dun repertorio lexicográfico destas unidades e as súas correspondentes equivalencias en castelán. Reflexiónase, nestas páxinas, sobre o proceso de selección das unidades que constitúen a fraseoloxía do “dicir” en francés, selección que se leva a cabo despois da consulta duns dez dicionarios da lingua francesa. Abórdanse tamén cuestións como a identificación deste tipo de secuencias fixas, diferenciándoas das secuencias libres e considerando as propiedades esenciais que definen o fenómeno fraseolóxico, é dicir, o grao de fixación e a idiomaticidade. Destácase ademais a existencia de variantes fraseolóxicas e tamén algunhas peculiaridades que se observan no tratamento lexicográfico da fraseoloxía do “dicir”. Da mesma maneira, proponse unha primeira clasificación destas unidades atendendo aos criterios de fixación, idiomaticidade e funcionamento, así como outra máis específica para as unidades que presentan un significado metaenunciativo, operando nas zonas modal e enunciativa previas ao nivel dita