BADAREa personificación nos espazos de tempo
- Ferro Ruibal, Xesús (dir.)
ISSN: 1698-7861
Year of publication: 2011
Issue: 13
Pages: 247-262
Type: Article
More publications in: Cadernos de fraseoloxía galega
Abstract
Nas 10000 fichas que compoñen a base de datos BADARE hai un número importante de paremias que presenta personificación nos espazos de tempo. Estudaremos este fenómeno dende dous apartados: a personificación dunha festividade (santas/santos, períodos litúrxicos e advocacións marianas) e a dun período de tempo (estación, mes, partes da xornada, etc). Entre as paremias haxiográficas son o Nadal, en tanto que período litúrxico, a Virxe da Candeloria, como advocación mariana, e san Bernabeu, entre os santos, as festividades nas que máis atopamos a personificación; e entre os espazos de tempo máis xerais sobresae marzo, nos meses, o venres, nos días da semana, os días prestados dun mes a outro, entre os días do mes, etc como as formas nas que aparece maioritariamente este tipo de figura.