Estudio comparativo de la didáctica de la lengua extranjera a través del juego de sociedad en los contextos anglófonos, francófonos e hispánicos

  1. Iglesias Trigo, Sara
Dirixida por:
  1. José Manuel Estévez-Saá Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 13 de decembro de 2018

Tribunal:
  1. Antonio Raúl de Toro Santos Presidente/a
  2. Nuria Rodríguez Pedreira Secretaria
  3. Julio Cañero Serrano Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 577794 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O obxectivo deste estudo comparativo é investigar a inclusión, a validez e a utilidade do xogo de sociedade como instrumento educativo no ensino de linguas estranxeiras dentro do contexto anglófono, francófono e hispánico. O marco teórico profundiza no concepto de xogo e na súa relación coa aprendizaxe de linguas estranxeiras. Incorpórase tamén unha catalogación específica para o estudo destes xogos no ensino do inglés, do francés e do español. Na sección aplicada deste proxecto deseñouse e testouse un xogo de sociedade para a aprendizaxe do español co obxectivo de comprobar a súa funcionalidade nestes tres contextos. O xogo foi probado en dous institutos de ensino secundario de Francia e Irlanda, e en dúas escolas de idiomas de Galicia. Por máis que as probas realizadas non son concluíntes para avaliar o grao de utilidade do xogo en termos específicos de adquisición de contidos gramaticais, os resultados obtidos, sen dúbida, demostran un notable incremento do interese, e unha alta participación por parte dos estudantes, así como unha recepción positiva do xogo deseñado. Ao mesmo tempo, o xogo contribúe ao ensino e á aprendizaxe de expresións relevantes e de vocabulario, así como a propiciar fluidez oral e habilidades comunicativas.